Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baltar non comparece ante o Supremo alegando problemas de saúde do seu avogado

Baltar non comparece ante o Supremo alegando problemas de saúde do seu avogado

O tribunal volve citalo o 19 de decembro para que declare na causa aberta contra el por circular nun coche oficial a 215 quilómetros por hora 

G24.gal 12/12/2023 19:45 Última actualización 12/12/2023 19:58

O senador popular Xosé Manuel Baltar non acudiu á súa cita deste martes no Tribunal Supremo alegando razóns de saúde do seu avogado. 

O Ministerio Fiscal acúsao dun delito contra a seguridade viaria por, supostamente, conducir un vehículo oficial a 215 quilómetros por hora nun treito limitado a 120 na autovía A-52, á altura da comarca zamorana de Seabra.

A Fiscalía pídelle unha pena de seis meses de multa a razón dunha cota diaria de dez euros. O Tribunal Supremo volve citalo nunha semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade