Publicador de contidos

Publicador de contidos

Balenziaga destaca a "importancia" da canteira no momento máis ilusionante do Deportivo

Balenziaga destaca a "importancia" da canteira no momento máis ilusionante do Deportivo

Balenziaga: "É importante ter unha canteira formada. Aquí hai potencial, futbolistas con talento"

G24.gal 14/02/2024 12:17 Última actualización 14/02/2024 12:27

No momento que atravesa o Deportivo, a canteira está tendo unha importancia maiúscula. A consolidación de xogadores formados en Abegondo co apoio de futbolistas con anos de oficio, están devolvendo a ilusión ao deportivismo.

Esa consolidación acompañada de resultados que provocan que o Deportivo viva un estado de euforia contida e que o ascenso directo non sexa unha utopía.

No vestiario atopamos a Balenziaga, un futbolista que sabe como debe funcionar unha canteira.

"É importante ter unha canteira formada. Aquí hai potencial, futbolistas con talento".

"E cun sentimento peculiar de pertenza que é vital".

O Deportivo xoga o domingo en Riazor ante o Tarazona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade