Baixan os casos activos e os contaxios diarios, pero soben os ingresos
Aumentan en 24 as persoas hospitalizadas
O Sergas notificou dous decesos por mor da covid

Os casos activos baixan notablemente (-1.845) e están por debaixo dos 22.000. En total, hai 21.839 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios tamén descenden con respecto a onte e rexístranse 1.045.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 4.568 (-433)
Vigo: 4.168 (-366)
Ourense: 2.217 (-359)
Santiago: 3.617 (-284)
Lugo: 2.588 (-156)
Pontevedra: 2.447 (-85)
Ferrol: 2.147 (-150)
En canto á ocupación hospitalaria, esta aumenta tanto nas UCI (+1), como en planta (+23). en total, hai 25 e 438 persoas ingresadas respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou dous decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.194 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos