Baixan en máis de cincuenta as persoas ingresadas en Galicia nunha xornada de descenso de casos activos
Baixan en máis de cincuenta as persoas ingresadas en Galicia nunha xornada de descenso de casos activos
A área sanitaria de Lugo é a única que suma casos activos
O Sergas notificou catro decesos por mor da covid–19

Os casos activos seguen baixando lixeiramente (-357). Hai, en total, 22.477 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan con respecto a onte e rexístranse 1.676 nas últimas 24 horas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 4.724 (-186)
Vigo: 4.527 (-28)
Ourense: 2.679 (-87)
Santiago: 3.918 (-17)
Lugo: 2.702 (+30)
Pontevedra: 2.392 (-62)
Ferrol: 1.307 (0)
En canto á ocupación hospitalaria, esta continúa o seu descenso de forma abrupta tanto en planta (-51) como nas UCI (-4). En total, hai 509 persoas ingresadas, 484 e 25 respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou catro decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 3.086 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos