Baixan dos 1.000 os contaxios diarios debido ao novo protocolo covid, que non ten en conta os contaxios leves
Baixan dos 1.000 os contaxios diarios debido ao novo protocolo covid, que non ten en conta os contaxios leves
Notificáronse 770 casos novos de covid nas úlimas 24 horas
Os casos activos baixan dos 20.000
A ocupación hospitalaria mantense estable

Os casos activos seguen baixando (-1.289) e están por debaixo dos 20.000. En total, hai 19.587 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios baixan notablemente con respecto a onte e rexístranse 770 debido a que xa non se contan os casos leves de covid.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 4.121 (-214)
Vigo: 3.655 (-305)
Ourense: 2.144 (-129)
Santiago: 3.169 (-258)
Lugo: 2.301 (-137)
Pontevedra: 2.204 (-116)
Ferrol: 1.921 (-124)
En canto á ocupación hospitalaria, esta baixa en planta (-2), pero mantense nas UCI. En total, hai 25 e 440 persoas ingresadas, respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou tres decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.210 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos