Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixada importante das infeccións en Galicia e da presión hospitalaria

Baixada importante das infeccións en Galicia e da presión hospitalaria

Rexístranse 1.101 casos activos menos ca este venres

Hai 456 persoas coa covid-19 ingresadas (-30)

G24.gal 26/02/2022 10:21 Última actualización 13:00

Galicia rexistra unha diminución importante dos casos activos por covid-19. Segundo os últimos datos publicados polo Sergas, nestes momentos 21.294 persoas padecen a enfermidade, 1.101 menos ca este venres.

Tamén se reduce o ritmo de contaxios. Nas últimas 24 horas diagnosticáronse 1.282 positivos, 400 menos ca na xornada anterior e unha das cifras máis baixas deste mes.

Por áreas sanitarias, Vigo, A Coruña e Santiago mantéñense por riba dos 200 casos novos, Ourense, Pontevedra e Lugo superan os 150 e Ferrol descende ata os 70 diagnósticos. 

Presión hospitalaria

Ademais, a presión hospitalaria continúa en descenso. En total, hai 456 pacientes coa doenza nos hospitais galegos (-30), 431 en planta e 25 nas unidades de coidados intensivos. O alivio prodúcese só nas camas convencionais porque nas UCI o número de ingresos non varía.

A Coruña, cos centros máis saturados, baixou dos 100 pacientes en planta nas últimas horas e ten sete en coidados intensivos. Lugo é a única área sen doentes infectados en UCI; Vigo e Pontevedra teñen 2; Ferrol e Ourense 4; e Santiago 6.

Nas últimas horas notificáronse seis falecementos, que elevan a 330 as mortes desde principios de ano. 

Incidencia a catorce días

Galicia conseguiu baixar dos 1.000 puntos en incidencia acumulada a catorce días. Era a única comunidade por riba desa cifra. Con 999 casos por 100.000 habitantes, segue a situarse en cabeza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade