Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixada importante dos casos, do ritmo de contaxios e das hospitalizacións

Baixada importante dos casos, do ritmo de contaxios e das hospitalizacións

Galicia rexistra 2.799 infeccións activas menos ca este venres

Descenden os ingresos en planta de xeito significativo

Nas unidades de críticos hai tres pacientes máis coa covid

 

G24.gal 12/02/2022 10:17 Última actualización 15:00

Galicia mellora de xeito significativo os seus datos epidemiolóxicos. O último informe do Sergas constata unha baixada importante no número de infeccións, no ritmo de contaxios e nas hospitalizacións por covid.

Este sábado permanecen activos un total de 46.036 casos, 2.799 menos ca este venres. Segue sendo unha cifra elevada, pero nesta vaga chegouse a superar as 78.600 infeccións.

Tamén baixa o ritmo de contaxios. Nas últimas 24 horas diagnosticáronse 2.879 positivos, 800 menos ca no último reconto. Descenden en todas as áreas sanitarias e, por segunda vez neste mes, quedan por baixo dos 3.000.

Vigo rexistra 659, A Coruña e Santiago superan os 500, Ourense computa 350 e Pontevedra 336. Lugo non chega aos 300 e Ferrol notificou 147.

Presión sanitaria

Nestes momentos, permanecen hospitalizadas un total de 632 persoas coa doenza, 37 menos das rexistradas na xornada anterior. Hai 40 pacientes menos en planta (585) e tres máis nas unidades de coidados intensivos (47 en total).

A Coruña mantense como a área máis afectada con 172 persoas ingresadas, mentres que Vigo, a que máis casos activos presenta, ten menos da metade de doentes, 79. 

Nas últimas horas notificáronse cinco falecementos nas áreas de Ferrol, Ourense, Vigo e Santiago. No que levamos de febreiro, morreron 77 persoas infectadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade