Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ayuso, presidenta do PP de Madrid

Ayuso, presidenta do PP de Madrid

A presidenta da Comunidade de Madrid logra máis do 99 % dos votos

Alfonso Rueda loa o traballo e o compromiso da presidenta

Antón Montero 20/05/2022 21:33 Última actualización 20/05/2022 21:48

Isabel Díaz Ayuso foi proclamada presidenta do Partido Popular de Madrid co apoio do 99,12 % dos compromisarios.

A líder madrileña estivo acompañada por outros baróns territoriais populares neste conclave. O peche do congreso do PP madrileño coincidirá este sábado coa apertura do que van celebrar os populares galegos.

O candidato a liderar o PPdeG, Alfonso Rueda devolveulle a Díaz Ayuso o seu apoio durante a súa investidura como presidente da Xunta.

"Quéroche devolver, esta vez con moita máis razón, o que ti dixeches de min ese día: 'É unha pesoa traballadora, é unha persoa comprometida e, sobre todo, é unha boa persoa'. Pois eu isto multiplícoo por dez e dígoo de Isabel Díaz Ayuso, porque é unha verdade como unha casa", dixo Rueda.

Coa súa proclamación, Ayuso pecha a crise aberta coa anterior dirección do partido, de Pablo Casado, que rexeitaba que a presidenta da comunidade acumulase tanto poder orgánico. A nova cúpula popular cre que este congreso é o primeiro paso para gañar as eleccións Xerais.

"É o que nos piden os españois. Que cambiemos o Goberno de Sánchez por un Goberno do Partido Popular con Alberto á fronte que permita que o crecemento, o entusiasmo, as ganas, inunden todos os recunchos de España", dixo a secretaria xeral, Cuca Gamarra.

O líder popular, Alberto Núñez Feijóo, clausurará este sábado o congreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade