Axudas de ata 20.000 euros para bares de praia máis sostibles e integrados na paisaxe
Ademais do apoio económico, aos interesados tamén se lles ofrecerá o proxecto, inspirado en tres prototipos elaborados por arquitectos gañadores dun concurso de ideas
O primeiro, imita os secadoiros de peixe; o segundo, un sistema modular, adaptable aos distintos areais, e o terceiro, e gañador, está inspirado nos furanchos e na carpintería de Ribeira
En Galicia hai 900 praias con 400 bares autorizados
A Xunta anuncia axudas de ata 20.000 euros para construír ou mellorar bares de praia que sexan máis sostibles e respectuosos coa nosa paisaxe. Ademais do apoio económico, aos interesados tamén se lles ofrecerá o proxecto, inspirado en tres prototipos elaborados por arquitectos gañadores dun concurso de ideas.
En Galicia hai 900 praias con 400 bares autorizados. Co obxectivo de que todos eles teñan unha imaxe unificada e integrada na paisaxe, nace o concurso de ideas lanzado pola Xunta, con tres proxectos seleccionados.
O primeiro, imita os secadoiros de peixe; o segundo, un sistema modular, adaptable aos distintos areais, e o terceiro, e gañador, está inspirado nos furanchos e na carpintería de Ribeira.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou este martes en Ribeira, que o goberno galego vai convocar este ano axudas por valor dun millón de euros para os interesados en abrir o mellorar os seus bares de praia.
No caso de adaptación integral, subvencionarán ata o 70 % do investimento, ata os 20.000 euros; no caso de facer melloras, cubrirán o 50 % da obra, ata 10.000 euros.
Estes modelos de establecementos de temporada que propón a Xunta son biosostibles e adaptables á contorna. Alfonso Rueda lembrou que desde este 2026 os bares de praia poderán estar abertos en Galicia desde a Semana Santa ata o 31 de outubro.