Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan na área sanitaria de Ourense os contaxios polas reunións sociais e familiares

Aumentan na área sanitaria de Ourense os contaxios polas reunións sociais e familiares

G24.gal 30/10/2021 20:39

Con 13 casos novos detectados nas últimas horas, a de Ourense é a área sanitaria con máis contaxios, especialmente na cidade e, outra vez, na comarca do Carballiño.

Un caso importado de Benidorm foi o xerme do gromo detectado no Carballiño, un gromo de ámbito familiar que se espallou rapidamente pola relaxación das medidas de protección e a maior mobilidade da poboación. Nunha semana, pasaron de 2 casos a 10, pero a situación semella que se vai estabilizando: nas últimas 24 horas só houbo un positivo novo. O outro polo dos contaxios está na cidade e na súa contorna.

Nunha soa semana houbo 34 positivos novos vinculados, coma no Carballiño, a reunións de carácter familiar e social. Así e todo, a incidencia acumulada segue a ser baixa, por debaixo dos cincuenta casos por cada cen mil habitantes.
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos