Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta o interese polo autoconsumo eléctrico

Aumenta o interese polo autoconsumo eléctrico

As instalacións deste tipo multiplicáronse por catro no último ano en Galicia

Neste intre hai unhas 3.300 xa funcionando e máis dun milleiro de novas solicitudes

Imaxe dunha instalación fotovoltaica nunha vivenda en Monforte de Lemos
G24.gal 09/06/2022 14:27

Co prezo da luz en máximos históricos cada vez son máis os que optan por alternativas de autoconsumo eléctrico co obxectivo de aforrar tanto nas vivendas como nas empresas. En Galicia nos dous últimos anos este tipo de instalacións multiplicáronse por sete.

Trátase sobre todo de paneis solares fotovoltaicos que permiten aforrar entre o 40 e o 70 por cento do gasto habitual. Iso, subliñan dende o sector, sen sistemas de almacenamento porque as instalacións que contan con baterías poden chegar ao 90 por cento.

Os que máis apostan polo autoconsumo neste intre son as empresas onde as horas de maior produción de enerxía solar coinciden coas de maior demanda. Os avances tecnolóxicos fan cada vez máis rendibles os paneis fotovoltaicos que, no caso das pemes, poden chegar a amortizarse nuns 5 anos. A simplificación dos trámites para levar a cabo instalacións deste tipo tamén axuda a que medre a demanda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade