Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medra o debate sobre a necesidade de seguir usando máscara na farmacia

Medra o debate sobre a necesidade de seguir usando máscara na farmacia

A protección mantense no ámbito sanitario, logo de que se relaxara o seu uso no transporte público

G24.gal 23/04/2023 13:18 Última actualización 23/04/2023 13:38

Logo dun ano da retirada do uso obrigatorio da máscara en interiores, nalgúns establecementos como farmacias, residencias de maiores e centros de saúde continúa a ser necesaria.

Hai persoas que entenden que haxa que utilizalas, pero tamén hai quen dubida da súa eficacia. Hoxe o seu emprego está en cuestión.

O certo é que os contaxios da covid diminuíron significativamente, unha mostra de que a máscara cumpriu unha función. 

No caso das residencias de maiores, as persoas usuarias non teñen obriga de levala, pero si o persoal e as visitas. O obxectivo é protexer os máis vulnerables.

Con todo, hai quen dubida da necesidade de usalas nas boticas. As autoridades apelan tamén a un uso responsable cando hai síntomas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade