Cargando resultados...
Aumenta a demanda de alugueiro de pisos compartidos en España
G24.gal
11/02/2023 22:11
Última actualización 11/02/2023 22:17
A demanda de cuartos de alugueiro medrou un 40 por cento en España, segundo a plataforma Spothome dedicada ao arrendamento en liña de dormitorios.
A diferenza dos contratos da vivenda habitual, os contratos de alugueiro de cuartos non están protexidos pola lei de arrendamentos urbanos. Teñen unha duración de seis ou nove meses. Réxense polo Código Civil e dependen da vontade das partes, tampouco están suxeitos ao límite da suba da renda do 2 por cento decretado polo Goberno.
Segundo o portal Fotocasa, compartir unha vivenda en España custa de media 440 euros, un 66 por cento máis que hai sete anos.