Augusto Solari será baixa entre seis e oito semanas
O arxentino rompeu a cápsula anterior do nocello dereito no adestramento do luns
O Celta confirmou a baixa do arxentino Augusto Solari ata despois da parada do Mundial. No adestramento do luns Solari sufriu un contratempo que lle custou a rotura da cápsula anterior do nocello dereito.
O interior foi utilizado en seis partidos esta temporada, dous como titular e catro saíndo na segunda metade. A baixa do xogador deixa máis escasa unha rotación que non está a ser demasiado ampla neste comezo de campionato.
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄́𝐃𝐈𝐂𝐎 🏥 Augusto Solari sufrió una rotura de la cápsula anterior del tobillo en el entrenamiento vespertino
— RC Celta (@RCCelta) October 17, 2022
El futbolista celeste estará entre seis y ocho semanas de baja. ¡Mucha fuerza en la recuperación, Augus! 💙#RCCelta #ClínicaRCCelta pic.twitter.com/yFW8p1Ifd5