Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atrapado en Suráfrica o golfista galego Santi Tarrío

Atrapado en Suráfrica o golfista galego Santi Tarrío

G24.gal 27/11/2021 13:44

E o deporte non é alleo á nova variante da covid, que afecta de cheo o golfista galego Santi Tarrío mentres disputa un torneo en Suráfrica.

Tarrío abandonará mañá pola mañá o país con destino a Dubai, nun voo chárter fletado pola organización do circuíto. Un voo, por certo, que deberán pagar todos os xogadores interesados. Para iso, precisarán unha PCR negativa seis horas antes da saída.

Despois, desde Dubai, deberán continuar a viaxe polos seus propios medios. Moitos xogadores xa abandonaran Suráfrica antes da suspensión do tráfico aéreo cos países do sur de África.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade