Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan un home morto na súa casa de Setecoros, en Valga

Atopan un home morto na súa casa de Setecoros, en Valga

Os veciños alertaron a emerxencias despois de levar varios días sen saber do home, de 89 anos

G24.gal 10/02/2026 14:19

Os servizos de emerxencia atoparon morto no seu domicilio de Setecoros, en Valga, un home de 89 anos. Alertaron os veciños, que levaban días sen saber del nin ver movemento na casa. Na veciñanza hai quen fala de semanas, pero din que -co tempo como está- nun principio non se lles fixo raro. Pasaron días, e finalmente alguén deu aviso para que viñesen mirar polo home.

"Recibimos unha chamada do 112 indicando a necesidade de abrir unha vivenda en Valga, para que puidese acceder o persoal sanitario porque levaban uns días sen saber dunha persoa, a inquilina da vivenda", lembra Pablo Muñiz, xefe do GES de Padrón.

Pero ao abrir a porta da casa, os sanitarios só puideron certificar a morte do home. O grupo de emerxencias de Padrón fixo as medicións protocolarias na vivenda, e todo estaba correcto.

"Por protocolo nestes casos, sempre que accedemos a vivendas con instalación de gas, facemos medicións de gases por se houbese algún problema. Neste caso foi negativo", explica Muñiz.

Segundo explica a Garda Civil, tampouco había signo ningún de violencia, así que o falecemento certificouse como causa natural, sen necesidade de realizar autopsia. Manuel tiña 89 anos, e contan que vivía só no seu domicilio de Setecoros, en Valga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade