Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan morto un home en Gondomar no interior dun depósito de auga

Atopan morto un home en Gondomar no interior dun depósito de auga

Un veciño localizou o cadáver cando paseaba pola zona

G24.gal 05/08/2025 12:41 Última actualización 05/08/2025 14:50

Un home foi atopado morto este martes en Gondomar no interior dun depósito de auga para gando, situada na parroquia de Donas. O servizo de emerxencias 112 Galicia informa de que un veciño localizou o cadáver cando paseaba pola zona e deu o aviso.

O suceso está a ser investigado para ditaminar as causas do falecemento. O falecido é un home de 73 anos, que segundo veciños da zona visitaba a zona con frecuencia para bañarse, e as primeiras hipóteses apuntan a un posible problema de saúde previo que o faría caer na pía, onde morrería afogado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade