Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan morta a moza cordobesa desaparecida desde o domingo

Atopan morta a moza cordobesa desaparecida desde o domingo

O cadáver apareceu nun edificio abandonado na zona onde a buscaban

G24.gal 27/09/2023 20:29 Última actualización 27/09/2023 20:39

A primeira hora da tarde deste mércores localizaron sen vida a muller de 32 anos desaparecida desde o domingo en Córdoba. Atopárona os cans de rastrexo dos bombeiros que participaban no amplo dispositivo despregado na súa busca.

O cadáver estaba nun edifcio abandonado do polígono do Granadal, preto da zona onde a viran por última vez. A desaparición de Esther María Herrera fora considerada de alto risco polas forzas de seguridade. Agora investigan se foi vítima dunha morte violenta.

A policía non quixo confirmar a identidade do cadáver, pero unha vez confirmado o achado a páxina web de SOS Desaparecidos desactivou a alerta coa aclaración de que o facía porque a moza fora localizada sen vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos