Atopa unha botella no mar, con fotos dunha noiva, en Santa María de Oia
O achádego fíxoo un pescador submariño nun rego entre os coídos de Viladesuso, en Santa María de Oia
Neste tempo de mensaxes instantáneas sorprende recibir unha carta ou unha mensaxe nunha botella parcialmente rota con fotos dunha muller vestida de noiva.
Sergio adoita pasear entre coídos e ás veces atopa sorpresas: urnas funerarias, cinsas e desta volta unha estrana botella medio escachada, chea de fotos dunha muller vestida de noiva.
Buscou unha carta ou unha mensaxe, pero contra todo prognóstico non a atopou. As fotos semellan levar tempo no mar, ser de hai moitos anos, pero o papel fotográfico e a calidade da imaxe fan que a muller aínda poda ser recoñecida.
Agora resta por saber quen e de onde é a muller. Sergio calcula que a foto é dos 70 ou 80 e que a muller podería estar falecida. As ondas do mar trouxeron as fotos e as ondas hertzianas poderían resolver o caso.