Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ataques nas zonas rusas de Belgorod e Krasnodar

Ataques nas zonas rusas de Belgorod e Krasnodar

Incendio nunha refinería de Krasnodar, fronte a Crimea, tras un ataque con drons

Outro ataque de artillería en Belgorod causa cando menos un falecido

A Casa Branca di non apoiar os ataques en Rusia

Autoridades de exteriores de Reino Unido din que Ucraína ten dereito a usar as súas forzas cara a Rusia

G24.gal 31/05/2023 09:25

Un ataque con drons causa un incendio nunha refinería da cidade rusa de Krasnodar. Esta localidade está moi preto de Crimea, o seu gobernador dixo que foi cousa de Ucraína. Tamén acusan a Kíiv do ocorrido noutra rexión rusa fronteiriza, máis ao norte, en Belgorod, onde houbo unha agresión con artillería que causou catro feridos.

A nivel internacional, dende a Casa Branca non apoian os ataques dentro de Rusia. Dende O Reino Unido valoran que Ucraína ten o dereito lexítimo de protexerse e de proxectar as súas forzas máis aló das súas fronteiras.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade