Cargando resultados...
Aspas: "Estamos nunha situación complicada, pero xogamos contra un rival idóneo"
O de Moaña xogará o seu partido número 300 en Primeira diante do outro equipo no que xogou, o Sevilla
G24.gal
28/12/2022 15:00
O venres volve a liga para o Celta. Será en Balaídos e ante o Sevilla. Un partido no que Carvalhal ten a todos dispoñibles e onde Iago Aspas será un dos focos de atención. Porque cumprirá o seu partido 300 de celeste en Primeira e porque se vai enfrontar ao outro equipo no que militou na liga española.