Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha veciña de Oleiros ten na súa casa tres refuxados ucraínos

Unha veciña de Oleiros ten na súa casa tres refuxados ucraínos

Hai delegacións da asociación en todas as cidades galegas

Buscan axuda loxística para almacenar as doazóns e transporte a Ucraína

Teñen abertas páxinas en Facebook, Instagram e un correo electrónico aga.ucraina@gmail.com

As demandas de axuda son constantes e necesitan persoas voluntarias
G24.gal 04/03/2022 11:36

A Asociación  Galega de Axuda a Ucraína creouse fai catro día por migrantes ucraínos residentes nas catro provincias galegas. Reuníronse e traballan en colaboración tamén con galegos, co fin de recoller e enviar ao país invadido axuda material, así como facilitar a chegada e o aloxamento aos refuxiados, a Galicia.

A entidade está presidida por Natalia Afonina, natural de Ucraína e nacionalizada española. A muller que está fincada en Oleiros, na súa casa xa ten tres refuxiados, entre eles Anna que acompañaba o seu fillo de 23 anos, que non puido saír do país.

"Meu pai e miña nai están en Kiev e todos os meus amigos, que están en distintas partes de Ucraína, todos están metidos nos sotos ou nas bañeiras polos bombardeos", afirma Anna Chasnikova, refuxiada ucraína.

"A miña mellor amiga que vive en Hersón, estivemos esperando por eles pero non poden saír da casa dende o primeiro día porque está vivindo preto da ponte de Hersón e alí bombardean sen parar. Pola noite manda mensaxes de despedida, pero pola mañá falei con ela e están fatal" asegura Natalia Afonina Presidenta da Asociación Galega de Axuda a Ucraína.

Aquí tentan levar unha vida o máis normal posible pero están sempre pendentes do teléfono para ter novidades dos seus, cada hora, para saber se están vivos. Mentres están coordinando a recollida de material para enviar a Ucraína e teñen máis de 50 vivendas de voluntarios que quere acoller refuxiados.

"O meu compañeiro de traballo que ten un neno de sete meses está nun barrio de Kiev que se chama Chaika e non teñen nin comida, nin auga potable, nin electricidade. As estradas están desfeitas polos bombardeos e non teñen posibilidade de saír. A situación pasa en todas as rexións do país. Xa é unha catástrofe humanitaria", conta Anna.

"Non hai comida suficiente, non hai auga potable suficiente, non hai electricidade, non poden nin cociñar. Para comer necesitan ter conservar ou algo. Moita xente saíu da casa sen coller nin roupa. Non teñen sitios nin para durmir nin onde lavarse", afirma Natalia. 

Non lles sobran mans que axuden. Para contactar con eles teñen abertas páxinas en Facebook, Instagram e un correo electrónico: aga.ucraina@gmail.com.

O obxectivo principal da medida é recoller e enviar axuda material, alimentos non perecedoiros, menciñas, roupa de abrigo e utensilios de protección persoal. Así como calquera outra axuda que se poida prestar a Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade