Publicador de contidos

Publicador de contidos

As tormentas deixan un regueiro de incidencias en toda Galicia

As tormentas deixan un regueiro de incidencias en toda Galicia

Árbores caídas, asolagamentos, apagadas, son as consecuencias das intensas chuvias e do vendaval que asolou Galicia tras unha tarde de calor abafante

O vento derruba un veleiro instalado en cabaletes en Carnota

G24.gal 15/07/2022 14:21

En minutos pasouse do ceo despexado á escuridade da noite e comezou a aumentar o vento. Eran os avisos do que se aproximaba: un tren de treboadas, que collía a moitos desprevidos.

O ceo tremía deixando paso aos raios. Caeron preto de 6.000 en toda Galicia. 

E logo chegou a chuvia, caía de forma torrencial, e con ela os problemas: sumidoiros taponados e atascos, pero tamén alivio para os cidadáns tras unha tarde abafante.

Foi unha noite movida para os servizos de emerxencia. O que máis retiraron, árbores, como unha que caeu xunto ao hospital Materno da Coruña.

Tampouco sobreviviu ao vendaval unha embarcación que estaba a ser reparada en Carnota. Centos de incidencias, pero ningunha delas de gravidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar