Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tatuaxes: a arte de debuxar na pel que non pasa de moda

Tatuaxes: a arte de debuxar na pel que non pasa de moda

Cada vez máis xente decide debuxar e pintar a pel con tinta e agullas para levar enriba un anaco de arte

Cada persoa escolle a súa motivación para tatuarse, unha arte que nunca pasou de moda, pero que volve estar en auxe

G24.gal 15/09/2023 22:55 Última actualización 16/09/2023 09:05

As tatuaxes nunca pasaron de moda e agora volven estalo. E xa non son cousa dunha minoría, cada vez queda menos xente sen levar algún debuxo pintado na pel. Un recordo ou marcar algún momento especial ou simplemente polo gusto pola arte. E agora cando remata o verán é unha época de máis actividade nos estudos de tatuaxes.

"O sol baixa, vai menos calor e é máis cómodo, Sempre é un bo momento para tatuarse, pero agora é un bo momento de verdade", asegura Antón Fernández díaz, tatuador en Ourense. 

No seu novo estudio en Ourense, Antído Tatuaxe, Antón recibe a súa clienta citada para a tarde. Despois de traballar e coller experiencia en Londres leva xa oito anos en Ourense e desde hai uns meses trasladouse ao centro da cidade. Ten bastante actividade e máis nesta época.

Realizar a tatuaxe require todo un proceso de preparación e tamén moita calma e concentración para debuxar o deseño elixido na pel.

"Al final 80 % do oficio de tatuador consite en debuxar, entón o que debuxas a alguén gustará algo", di Antón. 

Cada persoa escolle a súa motivación para tatuarse. Unha arte que nunca pasou de moda, pero que volve estar en auxe.

"Vai na valoración de cada un, pero supónselle que son pezas artísticas e cun valor artístico"

Confiar no tatuador e superar a primeira fase da dor das agullas na pel, que pasa en canto o resultado é ese debuxo que un quere levar consigo case eternamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade