As persoas de entre 60 e 69 anos vacinaranse da terceira dose a partir do 1 de decembro
As persoas de entre 60 e 69 anos vacinaranse da terceira dose a partir do 1 de decembro
Aprobado no Relatorio de Vacinas o reforzo para todos os maiores de 60
Administraránllelo cunha vacina de ARN, feitos os seis meses dende a segunda dose e unha vez remate a vez dos de entre 70 e 79
Os centros de vacinación masiva recobran este xoves o aspecto propio das meirandes xornadas de vacinación. Veñen días, semanas, en que estes grandes recintos volverán recibir milleiros de persoas para poñer a terceira dose.
Os de entre 70 e 79 anos son en Galicia 290.000, e moitos deles xa recibiron a convocatoria. Vacinaranos dende mañá e ata o 30 de novembro.
"O horario que temos é de nove da mañá a dúas e media, e de tres e media a nove da noite", explica Victoria Carral, a coordinadora de enfermería da área de Santiago.
"Esta administración da terceira dose da vacina ou ben de Pfizer ou de Moderna -explica a inmunóloga África González- é para mellorar a memoria inmunitaria e prolongala no tempo. E a resposta é moi boa, e non ten efectos secundarios importantes".
Iso é o que din as investigacións que levaron a estender a terceira dose, onte mesmo, para os de entre 60 e 69 anos. En Galicia son 345.000, moitos deles vacinados con AstraZéneca, e que recibirán a partir do 1 de decembro esta dose de reforzo.
Galicia é a comunidade con mellor adherencia ás vacinas o que hoxe permite ser unha das de incidencia máis baixa e menor taxa de hospitalización.