Publicador de contidos

Publicador de contidos

As persoas con ELA teñen axudas dende mañá xoves

As persoas con ELA teñen axudas dende mañá xoves

Son de 12.000 euros e poden solicitarse desde mañá xoves, 6 de abril, ata o próximo 30 de novembro

Terán carácter reatroactivo desde o pasado mes de xaneiro, cun orzamento global de 3,2 millóns de euros

G24.gal 05/04/2023 13:00

As axudas establecidas pola Xunta para as persoas con esclerose lateral amiotrófica (ELA) para este ano, de ata 12.000 euros, poden solicitarse desde mañá xoves, 6 de abril, ata o próximo 30 de novembro.

O Diario Oficial de Galicia publica a orde de convocatoria destas axudas, que terán carácter retroactivo desde o pasado mes de xaneiro, cun orzamento global de 3,2 millóns de euros.

A achega económica destínase a prestar apoio ás necesidades que xorden fronte a evolución da ELA e para reforzala cobertura que existe na actualidade a través do sistema para a autonomía da persoa e a atención á dependencia, segundo explicou a Xunta.

Coa axuda, as persoas que padecen ELA poderán facer fronte aos gastos máis básicos, como alimentación, coidado ou rehabilitación, e outros como compra de material sanitario, guindastres, cadeiras de rodas, colchóns especiais ou camas articuladas.

Tamén servirá para adaptar fogares e realizar, por exemplo, melloras de accesibilidade a baños ou dormitorios, así como para a colocación de elevadores ou ascensores, ou para a compra de vehículos adaptados.

As solicitudes realizaranse preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, aínda que poderán presentarse opcionalmente de maneira presencial no rexistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos