Cargando resultados...
As pantallas volven percorrer as rúas de Xinzo no domingo corredoiro
O pasado ano a celebración fixérase dende os balcóns
G24.gal
20/02/2022 16:15
As pantallas regresan as rúas de Xinzo de Limia no domingo corredoiro. Emblemas do Entroido tradicional desta vila, volveron espallar o espírito da festa cos seus bailes e saltos tan característicos.
O ano pasado a celebración fixérase dende os balcóns, polo que a veciñanza acolleu con especial ledicia as súas provocacións, batendo as vexigas con moito espavento.
As campás, o son característico desta celebración, soaron a música celestial nun municipio que presume de ter o Entroido máis longo de España.