As obras nos túneles de Doncos e Cereixal na A-6 afectarán o tráfico desde o martes
Os vehículos que transporten mercadorías perigosas non poderán circular polo túnel da Porteliña, no quilómetro 454 da A-6

As obras nos túneles de Doncos e Cereixal na A-6 afectaran ao tráfico desde o martes. O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible executa obras de mellora e modernización dos túneles de Cereixal, Doncos, San Pedro e Pedrafita na A-6, ao seu paso por Lugo. Estas obras afectarán ao tráfico a partir deste martes, día 3 de xuño.
As actuacións inclúen a renovación dos equipos de subministración eléctrica, a instalación da iluminación de emerxencia e a adecuación e renovación dos sistemas de ventilación, entre outros.
O Mitma explica que para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios durante a realización dos traballos produciranse afectacións ao tráfico.
Túnel de Doncos
No túnel de Doncos cortarán a calzada dereita, en sentido A Coruña, da A-6 entre os quilómetros 438 e 451, desde as 22:00 horas do martes 3 de xuño ata as 06:00 horas do mércores 4 de xuño.
A calzada esquerda estará cortada entre os quilómetros 438 e 451, desde as 22:00 horas do mércores 4 de xuño ata as 06:00 horas do xoves 5.
Para asegurar a fluidez do tráfico habilitarán itinerarios alternativos debidamente sinalizados a través da estrada N-6. Durante estes desvíos provisionais nocturnos, non estará permitido o tránsito de vehículos que transporten mercadorías perigosas polo túnel da Porteliña, situado no quilómetro 454 da N-6.
Os desvíos alternativos, en sentido A Coruña será a través da N-6, entre o quilómetro 438, ligazón de Doncos / Noceda, e o 451, ligazón de Becerreá / Navia de Suarna. O tráfico será o habitual pola autovía A-6 en sentido Madrid, entre os quilómetros mencionados.
Tunel de cereixal
No túnel de Cereixal, estará cortada a calzada esquerda (sentido Madrid) da A-6 entre os quilómetros 456 e 451, desde as 22:00 horas do xoves 5 de xuño ata as 06:00 horas do venres 6 de xuño.
En sentido Madrid, o itinerario alternativo a través da estrada N-6, entre o quilómetro 456, ligazón de Becerreá/Cereixal, e o 451, ligazón de Becerreá/Navia de Suarna. O tráfico será habitual pola A-6 en sentido A Coruña, entre os quilómetros anteriores.