Publicador de contidos

Publicador de contidos

A tecnoloxía e a dixitalización revolucionan os coidados bucodentais

A tecnoloxía e a dixitalización revolucionan os coidados bucodentais

Facer un escáner bucal co teléfono e desde a casa e facer o seguimento desde a clínica é xa posible grazas á intelixencia artificial

G24.gal 20/03/2023 14:47

Problemas como a diabetes ou a anemia poden agravarse por un mal coidado da dentadura. A mala saúde bucodental tamén pode estar relacionada con problemas musculares. Os especialistas en odontoloxía avisan de que o estado da nosa boca está directamente relacionada co noso benestar xeral e, por iso neste Día Mundial da Saúde Oral, lémbrannos a importancia de coidar a dentadura.

Coma noutros eidos da medicina, tamén aquí a dixitalización supón un cambio de paradigma, non só para a detección precoz das patoloxías, senón tamén para a eficacia dos tratamentos, ortodoncias ou implantes. 

"Podemos ter un paciente en Berlín e nós ver desde aquí como vai o tratamento".

Tecnoloxía móbil para facer un escáner bucal co teléfono e desde a casa e que usa a intelixencia artificial no procesamento de datos. É unha das ferramentas que está a cambiar o xeito en que percibiremos no futuro os coidados dentais. Está especialmente indicada para o seguimento de ortodoncias. 

"Permite combinar o tratamento con aliñadores, coa intelixencia artificial. Ao paciente darémoslle a scan-box e o paciente pode introducir o teléfono el mesmo na casa pode escanearse", explica Juan Carlos Pérez, presidente da Sociedade Española de Ortodoncia.

O software é capaz de detectar problemas de aliñamento, mala hixiene e mesmo de dar instrucións específicas que poden aforrarlle ao paciente unha visita ao dentista. María Dolores, odontóloga e profesora na USC, explícanos que a odontoloxía dixital se usa tamén para detectar a carie precozmente ou para a construción de férulas. 

"Xa non é o futuro, é un presente. Cada vez máis clínicas dentais están incorporando escáneres intraorais que permiten, por exemplo, tomar todas as medidas sen que sexa necesario usar pastas para tomar moldes na boca", di María Dolores Reboiras, odontóloga e profesora da USC.

Tamén serve para deseñar e vixiar implantes, rehabilitación e mesmo para que poidamos ver con antelación como quedarán as pezas novas na nosa boca. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos