Publicador de contidos

Publicador de contidos

As máscaras deixarán de ser obrigatorias no transporte público a partir do martes

As máscaras deixarán de ser obrigatorias no transporte público a partir do martes

Mantense o uso obrigatorio da máscara en centros sanitarios e farmacias

Os traballadores e os visitantes dos centros sociosanitarios tamén deberán usala

Últimos días da máscara obrigatoria nos transportes públicos
G24.gal 05/02/2023 13:59 Última actualización 05/02/2023 14:09

A partir do próximo martes a máscara xa non será obrigatoria nos transportes públicos e quedará restrinxida a centros sanitarios e farmacias e aos visitantes e os traballadores das instalacións sociosanitarias. É unha medida que responde ao estado actual da pandemia, que os expertos consideran xa na súa fase final.

A incidencia acumulada da covid a quince días en maiores de 60 anos está en Galicia en 60 casos por cada 100.000 habitantes. Unhas cifras que se afastan moito das sucesivas vagas do virus que vivimos e que apuntan xa cara a unha situación de estabilidade epidemiolóxica, tal e como asegura Juan Gestal, profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública.

Dentro dun mes, o día 11 de marzo, cúmprense tres anos da declaración da pandemia polo director xeral da OMS. É unha data moi boa para que comunique o final da pandemia. De feito, pola situación de Europa e de España xa seguramente a comunicarían.

Con esta situación, no consello de ministros do martes aprobarase a fin da obrigatoriedade para o uso da máscara nos transportes públicos.

Pero as persoas vulnerables deben seguir utilizando a máscara mentres continúe circulando o virus. E logo tamén aquelas persoas que sospeiten que poden estar infectadas ou as que o estean, deben utilizar a máscara, a distancia e este tipo de medidas que xa todos aprendemos ao longo da pandemia.

Mantense a obrigatoriedade nos hospitais, centros de saúde e farmacias e tamén deberán levala os visitantes e os traballadores nos centros sociosanitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos