Publicador de contidos

Publicador de contidos

As lampreas volven remontar o Ulla

As lampreas volven remontar o Ulla

A suba do caudal polas borrascas fixo que aumentaran as capturas 

Os prezos comezan a baixar e sitúanse entre os 60 e os 80 euros

 

G24.gal 02/03/2026 10:27

"Hai lamprea, este ano apareceu, despois de catro anos desaparecida. Este ano hai e iso anímanos".

"Apareceu de repente aquí, no Miño, en Francia, en todas as partes".

"Ao haber tanta auga, beneficia a pesca".

A suba do Ulla subiu tamén o ánimo dos valeiros. Despois dun comezo de ano desastroso, parados polas fortes correntes e os temporais, as lampreas voven caer nas nasas.

"Con tanta forza que leva o río esta semana entrou peixe bó, estamos tendo agora unha campaña boa".

"Desde a segunda quincena de febreiro estamos pescando moi ben, pero con moito aparello roto por culpa da forza da auga".

O exceso de auga doce das borrascas, que tanto marisco matou na ría, serviu de guía para que as lampreas remontaran o río.

"A lamprea está no mar agardando para remontar e cando entra tanta auga doce na ría ten máis fácil atopar o río".

"Atopa o río antes, remonta antes e entra máis lamprea, lamprea grande de quilo e medio".

E agora que hai máis oferta, comezan a baixar a os prezos.

"A grande está a 80 e a mediana a 50, antes estaba a 100 ou 120 euros porque non había".

"O 90 % véndese para restaurantes".

Un manxar que non entra polo ollo, pero si por un sabor único que aquí animan a probar aproveitando que a temporada non remata ata o mes de abril...

"Que a xente se anime a comela que hai lamprea boa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade