Publicador de contidos

Publicador de contidos

As industrias que collen auga do mar, expectantes ante o novo regulamento de Costas

As industrias que collen auga do mar, expectantes ante o novo regulamento de Costas

As empresas galegas agardan a resposta do Ministerio sobre os prazos das concesións

G24.gal 24/01/2022 18:34


Rematou o prazo para presentar alegacións contra o novo regulamento de Costas.

E o sector mar-industria galego agarda agora con moita inquedanza a resposta do Ministerio de Industria.

Unha das principais preocupacións está na duración das concesións. As empresas piden que se estenda o prazo de 75 anos a todas as industrias que precisan captar auga do mar, como é o caso das depuradoras como conta Juan Carlos Maneiro, secretario xeral de Agade.

"Estamos expectantes para ver se ese prazo máximo de 75 anos se estende a todo este tecido produtivo galego importantísimo de acuicultura, depuración, mesmo conserveiras, que teñen a necesidade de captar auga de mar e non poden facer doutra maneira o seu proceso produtivo"
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade