Publicador de contidos

Publicador de contidos

As farmacias lanzan unha campaña para pedir as receitas a tempo

As farmacias lanzan unha campaña para pedir as receitas a tempo

A campaña desenvólvese nos centros de saúde e nas farmacias das áreas sanitarias de Pontevedra-O Salnés, Vigo e Santiago

Pon o foco na responsabilidade do paciente para pedir a cita médica con antelación unha vez que recolle o último envase na botica 

G24.gal 11/03/2025 14:37 Última actualización 11/03/2025 15:42

Para evitar este tipo de situacións cando a receita xa non está activa ponse en marcha esta campaña en que os farmacéuticos serán os encargados de avisar os pacientes de que están recollendo a última receita.

Ata as boticas xa chegou o material de apoio da campaña co que se tratará de facela o máis eficiente posible. 

Baixo o lema "Última receita? Pide xa a túa cita médica", a campaña busca reducir as consultas urxentes que teñen como motivo a solicitude de prescricións para renovar a medicación. 

Ademais, hai carteis informativos nos centros de saúde e nas farmacias das áreas sanitarias de Pontevedra-O Salnés, Vigo e Santiago, onde se está a desenvolver a campaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade