Publicador de contidos

Publicador de contidos

As farmacias ampliarán servizos como apoio á atención primaria

As farmacias ampliarán servizos como apoio á atención primaria

Realizarán controis de tensión, dispensarán doses personalizadas de medicamentos e renovarán receitas

G24.gal 25/01/2022 14:35

As farmacias galegas  veñen desenvolvendo un papel fundamental desde o inicio da pandemia. Agora están dispostas para seguir colaborando nas prestacións sanitarias.

Desde dispensar doses personalizadas de medicamentos a pacientes crónicos, ata realizar os controis habituais de tensión e mesmo renovar as receitas pautadas polo médico. Uns servizos que se van poñer en marcha neste primeiro trimestre do ano.

Son o chanzo máis próximo do sistema sanitario. Un papel que se vén reforzando neste momento de pandemia. Estase ultimando o sistema para que no primeiro trimestre deste ano se poida acudir ás farmacias a recibir algúns destes servizos sanitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar