Publicador de contidos

Publicador de contidos

As familias dos superviventes do Villa de Pitanxo piden respecto e intimidade

As familias dos superviventes do Villa de Pitanxo piden respecto e intimidade

Os superviventes do Villa de Pitanxo xa descansan nas súas casas de Cangas

G24.gal 22/02/2022 15:28

En Cangas, o patrón do Villa de Pitanxo e o seu sobriño, dous dos superviventes do naufraxio, xa pasaron a primeira noite na casa. A súa familia pedía hoxe intimidade para que poidan recuperarse dunha experiencia que os mantén abatidos.

Na parroquia de Donón, en Cangas, poucos puideron ver aínda os seus veciños. Juan Padín e Eduardo Rial chegaron ás súas casas de madrugada, pero apenas tiveron tempo para o descanso. Saíron cedo para realizar xestións coa armadora.

Na casa de Juan Padín, o patrón do Villa de Pitanxo, viven a situación na intimidade. Tamén o intentan na de Eduardo Rial onde a súa parella confirmaba o que calquera pode imaxinar, dadas as circunstancias, e é que emocionalmente está abatido.

Os dous superviventes son homes experimentados no mar. Coñecen da súa dureza pero acaban de vivir unha experiencia dramática. A volta a Donón é para eles agridoce. Regresan con vida, pero desolados pola perda dos seus compañeiros.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade