Publicador de contidos
Publicador de contidos

As familias do Pitanxo e a Xunta esíxenlle ao Goberno que se baixe ao barco

As familias do Pitanxo e a Xunta esíxenlle ao Goberno que se baixe ao barco

O Presidente da Xunta Alfonso Rueda reuniuse en Marín cos familiares dos 21 falecidos no naufraxio, que lle entregaron unha carta coa súa reivindicación para Pedro Sánchez

Alfonso Rueda recibe unha carta coa reivindicacion dos familiares do Pitanxo
G24.gal 16/07/2022 16:57

As familias dos 21 mortos no naufraxio hai cinco meses do Villa de Pitanxo nas augas de Terra Nova no Canadá e a Xunta coincidiron este sábado, día en que se reuniron en Marín, na necesidade de que o Goberno poña medios para baixar ao pecio, tratar de recabar probas que esclarezan o accidente marítimo e ver se hai algún corpo dos doce desaparecidos.

Alfonso Rueda asegurou que a Xunta non vai escatimar recursos para colaborar en caso de que o executivo de Pedro Sánchez teña en conta as "reiteradas peticións" dos familiares dos tripulantes que faleceron en augas canadenses.

Nun comunicado enviado despois da cita, Rueda insiste en que é necesario !aclarar" o ocorrido na traxedia do 15 de febreiro. Comprometeuse de novo a trasladarlle esa urxencia a pedro Sánchez cando se produza o encontro institucional entre os dous.

O xefe do executivo galego lamentou que pasados dous meses da súa toma de posesión aínda non haxa data para esa cita bilateral pero, cando se produza, comprometeuse a entregar a carta que este 16 de xullo lle deron os familiares do Villa de Pitanxo na que trasladan por escrito a reivindicación común por escrito.

A voceira dos familiares, María Xosé de Pazo agradeceu a Rueda que sempre os reciba, como sucedía co seu antecesor, o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo. De Pazo insistiu en que non entenden que o presidente do Goberno non os reciba para escoitar as súas reclamacións.

O presidente da Xunta reuniuse coas familias tras acompañar ao rei Filipe VI na entrega dos despachos na escola Naval Militar de Marín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade