Publicador de contidos

Publicador de contidos

As celebracións de Aninovo desafían ao virus en Nova York, Río de Xaneiro e outras cidades

As celebracións de Aninovo desafían ao virus en Nova York, Río de Xaneiro e outras cidades

O mundo recibe 2022 entre fogos artificiais e restricións sanitarias

G24.gal 01/01/2022 13:17

Milleiros de persoas reuníronse con limitación de ocupación en distintos lugares emblemáticos polo mundo como Times Square ou a praia de Copacabana.

 A pandemia marcou as celebracións para darlle a benvida a 2022. Nalgúns casos o festexo desafiou o avance explosivo da variante ómicron do coronavirus, con milleiros de persoas nas rúas.

Nova York ou Río de Janeiro foron algunhas das grandes urbes como Madrid que autorizaron con ocupación reducida e restricións as celebracións.

Outras como Seúl, Cidade de México ou San Francisco cancelaron as festas ou as restrinxiron con severidade.

 En París coa incidencia disparada o espectáculo tradicional luminotécnico cancelouse para evitar aglomeracións, aínda así milleiros de persoas pasearon polos Campos Elíseos, pero en menor número que antes da pandemia.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos