Publicador de contidos

Publicador de contidos

As ceas de empresas copan as axendas dos locais de restauración

As ceas de empresas copan as axendas dos locais de restauración

A alta demanda obrigou a trasladar reservas a xaneiro

G24.gal 10/12/2022 20:26 Última actualización 10/12/2022 21:35

Os locais comezaron a atender as primeiras reservas xa no verán e a estas alturas é practicamente imposible atopar un oco libre nas axendas de restaurantes e hoteis.

No Attica 21 da Coruña teñen pechadas ao redor de trinta comidas e ceas de Nadal con máis de 4.000 asistentes ata o 22 de decembro. Non tiveron máis remedio que trasladar a xaneiro as  reservas que entraron máis tarde. 

"Superamos todas as expectativas. Foi tan fulminante o número de reservas que entraron desde mediados de novembro que superou calquera previsión", explica a directora do hotel, Cristina Naya.

E desde hai semanas reciben chamadas de grupos interesados en reservar para o Entroido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar