Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portomarín enxalza a súa augardente nunha festa con máis de 50 anos de historia

Portomarín enxalza a súa augardente nunha festa con máis de 50 anos de historia

Apoio popular e institucional a unha tradición ancestral

G24.gal 31/03/2024 19:29 Última actualización 31/03/2024 20:19

Portomarín celebrou esta fin de semana a súa Festa da Augardente, unha feira que naceu o Domingo de Pascua de 1971. Enxalza un licor moi vencellado á historia e aos costumes deste concello lugués.

Poucas son as casas en que non hai unha alquitara destinada a aproveitar o bagazo das uvas para obter augardente. A maioría da veciñanza coñece o seu funcionamento. É un saber que se transmite de xeración en xeración.

Por primeira vez este ano a festa celebrouse toda a fin de semana, pero o día grande continúa sendo o domingo, coa recepción dos novos cabaleiros e damas da Orde Serenísima da Alquitara. Con todo, embaixadores da augardente de Portomarín hai moitos.

Malia a calidade e a sona desta bebida, o paso do tempo fixo que cada día queden menos destilerías na zona. Eventos como esta festa axudan a coller novos pulos a unha tradición ancestral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade