Cargando resultados...
'As bestas', a polémica e a expectación, con Ángel Suanzes
O filme de Rodrigo Sorogoyen chega á carteleira.
Ángel Suanzes comenta tamén Tori y Lokita e Memorias de París
G24.gal
09/11/2022 17:15
As bestas, de Rodrigo Sorogoyen, é un thriller inspirado nun suceso acontecido en Galicia que rexistra o enfrontamento entre unha familia francesa recentemente instalada na zona e outra local. No elenco, Luis Zahera e Diego Anido.
Tori y Lokita, dos irmáns Dardenne, retrata a historia das dificultades dous inmigrantes africanos en Bélxica.
Memorias de París, de Alice Vinocour, sitúase no ano 2015 en París logo dun atentado nunha cafetería. Recolle a dificultade dunha vítima para superar o trauma do acontecido.