Publicador de contidos
Publicador de contidos

As barberías latinas póñense de moda

As barberías latinas póñense de moda

A súa decoración, os cortes de pelo e mesmo o trato fan deste tipo de establecementos todo un referente no coidado da estética masculina

G24.gal 23/05/2024 14:53

Dende que empezan a súa xornada, ás nove da mañá, e ata as oito da tarde, o son da máquina e por suposto os seus clientes mandan dentro desta barbería latina de Vigo. 

"Eu sempre pido un rapado en xeral e un corte tipo libro. Gústame como cortan, normalmente fágome un degradado e pouco máis".

A súa estética, a súa vestimenta e os seus cortes son o mellor escaparate para os clientes que se deixan ver por aquí. Sen esquecer o trato próximo destes dominicanos que decidiron montar o seu propio negocio.

"O cliente vén e sempre pode tomar un cafeciño, vén antes da hora e pode tomar unha cerveciña e está como na casa, séntese moi a gusto", asegura o propietario de BLACKWHITE, Julio Esteban Torres. 

Traballan o pelo, as barbas e tamén as cellas. Nesta outra barbería, chamada a Navalla barbeira, tampouco paran. Non son latinos, pero a estética e os cortes son similares a unha moda que non sabe de idades. 

"O tema do degradado e despois as diferentes variantes. Tamén se leva moito o mohicano lévase moito", di Daniel Sánchez, da Navalla Barbeira.

Con todo, estes expertos da máquina e dos degradados, auguran un cambio de tendencia nos cortes de pelo masculinos. Xa se preparan para a volta do pelo longo tipo anos oitenta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade