Publicador de contidos

Publicador de contidos

As autoridades ucraínas abren un corredor humanitario cara a Mariupol

As autoridades ucraínas abren un corredor humanitario cara a Mariupol

A cidade, no sueste do país, é unha das máis castigadas polo Exército ruso desde o inicio da invasión

G24.gal 12/03/2022 10:50

As autoridades ucraínas lograron abrir un corredor humanitario para levar alimentos e medicinas á asediada cidade de Mariupol (no sueste do país), unha das máis castigadas polo Exército ruso desde que comezou a invasión de Ucraína o pasado 24 de febreiro.

"Corredor verde aberto. Unha caravana humanitaria partiu de Zaporiyia cara a Mariupol (...) Máis de 90 toneladas de alimentos e medicinas van parar á cidade, que leva 11 días bloqueada", anuncia o concello na súa conta de Telegram.

As autoridades locais explican na mensaxe que "o clero da Igrexa ortodoxa tomou a iniciativa de acompañar persoalmente a caravana humanitaria".

Os gobernos ucraíno e ruso pactaron a apertura de ata sete corredores humanitarios para evacuar poboación e achegar alimentos ás cidades atacadas. Con todo, non funcionaron como se agardaba e ambos os dous bandos acúsanse mutuamente do seu bloqueo.

Mariupol, unha cidade duns 500.000 habitantes situada á beira do mar interior de Azov, é un importante núcleo industrial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade