Publicador de contidos

Publicador de contidos

Solicitan colaboración cidadá para dar cun suposto homicida en Alacante

Solicitan colaboración cidadá para dar cun suposto homicida en Alacante

Policía e Garda Civil difunden imaxes do sospeitoso e agardan que alguén o poida identificar

G24.gal 05/07/2022 11:19

A Policía Nacional e a Garda Civil solicitan a colaboración cidadá para tratar de identificar o suposto autor dun intento de homicidio ocorrido na localidade alacantina de Torrevieja o 16 de xullo de 2020.

Nese día, un home agrediu unha muller de 58 anos cunha arma branca no interior dun portal. Tras dous anos de investigación, os axentes non conseguiron saber a identidade do sospeitoso e, agora, con autorización xudicial, difunden as imaxes de videovixilancia que se captaron na zona o día do suceso para tratar de ver se deste xeito lle dan posto nome e apelidos. 

Nas imaxes, dúas diferentes, vese o sospeitoso camiñando pola rúa e despois correndo noutra zona perseguido por un home. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade