Publicador de contidos

Publicador de contidos

As asociacións agrogandeiras galegas séntense discriminadas pola repartición de axudas pola seca

As asociacións agrogandeiras galegas séntense discriminadas pola repartición de axudas pola seca

Tras unha reunión co conselleiro Medio Rural, acordaron solicitar un encontro co ministro de Agricultura

G24.gal 15/05/2023 16:45

As principais asociacións agrarias e gandeiras de Galicia cren que as axudas do Estado para paliar a seca discriminan a nosa comunidade. Este luns reuníronse co conselleiro do Medio Rural.

Din que as axudas directas aprobadas no decreto lei seguen uns criterios técnicos que cren que non se xustifican. Vai pesar un 75 por cento o criterio da seca fronte a un 25 por cento o da suba de custos que se produciron, que é o que máis está a afectar sobre todo o sector gandeiro.

"Parécenos que ese efecto dos incrementos dos custos de produción, se valore só nun 25 % das axudas directas que están cobrando outros territorios, pois é totalmente fóra de razón", di José González, conselleiro do Medio Rural.

Mentres un gandeiro galego vai cobrar 40 euros por cada vaca de cría, outro andaluz recibirá 157, e todo porque nestas axudas aprobadas polo Goberno central, pesa máis o criterio da seca que o do aumento dos custos de produción. 

 "Esta crise de custos non se palía con esta miseria de axudas, pensamos que hai que rectificar ese decreto inmediatamente", afirma Francisco Bello, presidente da Asociación Agraria de Galicia.

 

 "Expor que en Galicia non afecta a seca, e nese sentido poñer unhas axudas moito máis baixas, cremos que non se fixeron, neste caso por parte do ministerio tampouco os estudos técnicos necesarios", asegura Isabel Villalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.

 
 

"E o feito de que hoxe en Galicia teñamos prados aínda para ensilar non significa que dentro dun mes esteamos nunhas novas circunstancias igual de graves como as de Castela e León ou Estremadura", engade Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias.

 
É por iso que solicitan unha reunión co Ministro de Agricultura para pedir unha rectificación. Tamén van crear un grupo de traballo para analizar as consecuencias que a seca vai ter sobre as provisións, xa que moitas delas proceden das zonas máis afectadas pola seca e van subir de prezo.
 

"E se temos que, por suposto, poñer enriba da mesa axudas directas autonómicas, pois así se fará, pero imos ver cales son os sectores máis afectados e máis necesitado", conclúe José González, conselleiro do Medio Rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade