Publicador de contidos
Publicador de contidos

As academias de oposicións auguran un bo ano pola convocatoria de 5.000 prazas

As academias de oposicións auguran un bo ano pola convocatoria de 5.000 prazas

Tras a convocatoria de máis de 3.000 prazas de emprego público ofertadas pola Xunta, aumentaron as matriculacións

G24.gal 11/01/2025 21:12 Última actualización 11/01/2025 21:29

Xaneiro é mes de bos propósitos tamén no eido laboral. Tras a convocatoria de máis de 3.000 prazas de emprego público ofertadas pola Administración galega, nas academias especializadas aseguran que experimentaron un aumento de alumnado.

Din que 2025 será un bo ano para opositar, con máis de 5.000 prazas ofertadas polas distintas Administracións en Galicia.

Nunha das academias que hai en Santiago hoxe toca simulacro de exame. Preparan a oposición de técnico en educación infantil que se celebra en marzo.

Máis tempo para formarse terá o alumnado que aspire ás máis de 3.000 prazas ofertadas polas Consellerías de Sanidade e de Facenda, e ás 1.600 que prevé convocar Educación.

"É un ano atractivo para o opositor porque se xuntan oposicións de distintos ámbitos nas que temos a nivel autonómico publicáronse para o Sergas e para a Xunta e a finais de mes sairá a oferta pública de ensino, co cal non é só o número total de prazas, senón tamén a variedade de elección do tipo de oposición", asegura Roberto Rey, director desta academia na que se forman 700 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade