Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca o verán meteorolóxico con tempo treboento

Arranca o verán meteorolóxico con tempo treboento

Esta situación treboenta vaise manter polo menos ata a próxima semana

G24.gal 01/06/2023 12:42

Malia que o verán como estación non comeza ata o 21 de xuño, hoxe arranca o verán climatolóxico e faino coa tónica dominante na última semana: con treboadas e sarabiadas. O motivo: unha conxunción de factores que propicia esta situación case tropical.

Esta situación treboenta vaise manter polo menos ata a próxima semana. Non debemos baixar a garda, porque poden caer en calquera lugar, aínda que máis probable sempre no interior da comunidade.

Para os que teñan que desprazarse e necesiten unha información máis precisa sobre a posibilidade de treboadas, desde Meteogalicia aconsellan facer uso dunha ferramenta moi útil na súa web, que é o radar meteorolóxico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade