Publicador de contidos

Publicador de contidos

Araújo: "Hai moitas cousas que mellorar"

Araújo: "Hai moitas cousas que mellorar"

O mexicano fai autocrítica trala derrota en Cornellá

G24.gal 10/04/2022 19:38

Xogadores, corpo técnico e afección céltica remataron moi anoxados tralo partido disputado ante o Español. O  agasallo en forma de gol na recta final deixa ao Celta tocado animicamente e tamén futbolisticamente. Néstor Araújo atendeu a Radio Galega na zona mixta de Cornellá.

"Estamos moi amolados. Hai moitas cousas que mellorar e temos que falar delas durante a semana. Temos que regresar ás bases, a ese Celta máis combativo e alegre. Hai que facerse responsables dos nosos erros pero temos que mellorar moito durante os noventa minutos. Queremos que a xente confíe que regresaremos ao noso xogo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade