Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aragonès traslada a Sánchez que o proceso independentista "non acabou"

Aragonès traslada a Sánchez que o proceso independentista "non acabou"

O presidente da Generalitat tivo unha conversa informal con Sánchez previa á chegada de Enmanuel Macron ao cumio hispano-francés que se celebra en Barcelona

Pere Aragonès repetiu  que o "conflicto político co Estado español non está resolto" na conferencia de prensa que convocou despois de recibir os mandatarios de España e Francia

Aragonès, tras saudar a Sánchez e Macrón, abandonou o espacio exterior antes de que comezasen a soar os himnos dos dous países

Aragonés dando a benvida a Sánchez e Macrón, no cumio hispano-frances. Foto:EFE/Quique García
G24.gal 19/01/2023 11:50 Última actualización 19/01/2023 15:13

O xefe do Goberno Pedro Sánchez e o presidente francés Emmanuel Macron celebran este xoves en Barcelona un cume bilateral en que asinarán o Tratado de Amizade entre ambos os países, un texto que non existía ata o de agora e nunha cita marcada polas protestas dos independentistas na capital catalá e dos sindicatos en Francia.

Para recibir os mandatarios de España e Francia, o presidente da Generalitat de Cataluña Pere Aragonès chegou ás 10:22 horas aos exteriores do Museo Nacional de Arte de Cataluña (MNAC), onde xa se atopaban a alcaldesa de Barcelona Ada Colau, a presidenta da Deputación de Barcelona Núria Marín e Manuel Busquier Sáez, inspector xeral do Exército, para recibiren aos presidentes francés e español.

Aragonès deu a benvida este xoves ao xefe do Goberno Pedro Sánchez e ao presidente francés Emmanuel Macron ao comezo do cume hispano-francés e axiña se ausentou; abandonou o espazo exterior adxacente ao museo, onde estaban situadas as tropas do Rexemento de Infantería Barcelona 63, que ían interpretar os himnos  de España e Francia.

Pedro Sánchez chegou ao cumio ás 10:48 acompañado pola delegada do Goberno en Cataluña Maria Eugènia Gai; antes dos saúdos protocolarios ao resto de autoridades, aproveitou para manter unha breve conversación informal con Aragonès, á que se engadiron logo Colau, Marín, Gai e Busquier Sáez.

No tempo de espera previo á chegada de Macron, Sánchez e Aragonès volveron conversar brevemente a soas. Fontes da Moncloa indicaron que non está previsto ningún outro encontro entre Sánchez e Aragonès ao longo da xornada.

Aragonés traslada a Sánchez que o proceso independentista "non acabou"

Tras dar a benvida aos mandatarios de España e Portugal, o presidente da Generalitat de Cataluña convocou unha conferencia de prensa en que comezou dicindo que defendía "a participación de Cataluña nas institucións europeas como un Estado máis, en igualdade de condicións".

Engadiu Aragonès que, en relación aos intereses de Cataluña, o cumio debe abordar temas como o uso da lingua catalá, cuestións de infraestruturas e a apertura de todos os pasos fronteirizos.  Dixo Aragonès estar disposto a colaborar en todos estes asuntos: "porque como institucións, somos os que mellor coñecemos as necesidades e as oportunidades do noso territorio e os máis preparados para dar unha resposta máis áxil e máis eficiente".

Aragonès tamén dixo que reivindicaba "a presenza de Cataluña en todos os encontros de traballo do cumio de hoxe".

Criticou o presidente de Cataluña que "algúns intentasen aproveitar o cumio para intentar dar a percepción dunha  realidade que non existe. Intentar dar a percepción de que o conflicto político entre o Estado Español e Cataluña xa está resolto".

Referíndose ás manifestacións independentistas, engadiu: "O conflito non rematou. Cataluña segue tendo a vontade de decidir o seu futuro".

O Goberno resta importancia á ausencia de Aragonés nos himnos

Ante estas palabras, fontes de Moncloa sinalaron que Aragonès non dixo nada distinto ao que xa veu defendendo. Tamén restaron inmportancia a que se ausentara dos himnos porque, din, o importante é que estivera ao inicio do cuminio para  recibir as dúas delegacións.

Unha presenza que Moncloa interpreta como unha demostración de boa relación institucional entre o Goberno de España e a Generalitat. Afirman tamén desde Moncloa que no encontro houbo "proximidade e moito respeto" entre Sánchez e Aragonès.

Un grupo de manifestantes independentistas, que protestaba contra co cumio, apupou a Junqueras

Máis de 6.000 independentistas protestaban en Barcelona contra o cumio hispano-francés, segundo os datos da Garda Urbana.

Os independentistas escenificaban que o proceso soberanista continúa vixente, que en Cataluña non hai "normalidade". 

Un grupo destes manifestantes apupou o presidente de ERC Oriol Junqueras, chamoulle "traidor" e proferiu cánticos de "Puigdemont, o noso presidente". Fontes de ERC explicaron que Junqueras abandonou a manifestación "cando tiña previsto", xa que ás 10:00 horas tiña que acudir a un "compromiso". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade