Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha veciña de Cambre atopa unha granada nunha beiravía da vila

Unha veciña de Cambre atopa unha granada nunha beiravía da vila

Atopouna unha veciña durante o seu paseo rutineiro

G24.gal 14/02/2023 14:59 Última actualización 14/02/2023 15:24

A granada atopouna unha veciña de 60 anos durante o seu paseo rutineiro, contra as once da mañá do martes. 

Sen dubidalo, alertou a Policía Local que, tras asegurar a zona, puxeron os feitos en coñecemento dos GEDEX, o Grupo de Especialistas en Desactivación de Explosivos.

Un achado que causou sorpresa entre os veciños. Os especialistas procederon a retirar o artefacto da zona e agora investigan para tratar de localizar o seu propietario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade