Cargando resultados...
Aparece morta na prisión a nai da nena asasinada en Xixón
Aparece morta na prisión a nai da nena asasinada en Xixón
Estaba pendente de xuízo, acusada de matar a filla de seis anos

G24.gal
25/09/2023 09:01
Aparece morta na cadea a nai da nena Olivia, que fora asasinada en Xixón en outubro do ano pasado. Foron os funcionarios de prisión os que a atoparon aforcada na súa cela. Estaba en prisión preventiva comunicada e sen fianza e á espera de xuízo. Era sospeitosa de matar con fármacos a súa filla, de seis anos, ao día seguinte de que lle deran a custodia da nena ao pai.